martes, 11 de diciembre de 2012

Día dos Dereitos dos nenos e nenas

Todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria fixeron este gran mural para conmemorar o Día dos Dereitos dos nenos e nenas.





lunes, 26 de noviembre de 2012

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Neste mes de novembro unímonos á celebración do Día da Ciencia en galego coa intención de poñer en valor o uso do galego no ámbito científico e de contribuír a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua.

         Asemesmo, realizamos diferentes actividades sobre varios inventos: o futbolín, o bolígrafo, o lapis, o teléfono e o microscopio.


miércoles, 24 de octubre de 2012

Un conto de medo. Fiz, o coleccionista de medos.

III Día da Ciencia en Galego

Con motivo da celebración do III Día da Ciencia en Galego a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web o vindeiro martes 6 de novembro, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.