Con motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o vindeiro venres 4 de novembro podes participar na videoconferencia vía web (con interacción vía chat), na que destacados investigadores galegos da USC achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado así como os proxectos científicos que desenvolven na actualidade:
- Videoconferencia para Primaria
Título: “O valor dos bosques na sociedade actual: os seus compoñentes, as árbores; a súa conservación e o seu aproveitamento sostible”.
Ponente: Mª Isabel Fraga Vila, profesora e membro da cátedra de Botánica da USC e directora do Museo de Historia Natural da universidade.
Hora: entre as 10:30h e as 11:30h.
No seguinte enderezo podedes acceder a toda a información sobre esta actividade (contidos, inscrición, requisitos técnicos, niveis educativos recomendados para as charlas, etc.).
Para cada unha das videoconferencias haberá un límite de 100 centros inscritos. No caso de que sexa necesario, terán prioridade os centros cuxos equipos de normalización estean adscritos á CGENDL e a orde de inscrición. Os centros que integran ensino primario e secundario poden participar nas dúas videoconferencias.
- Máis información sobre o II Día da Ciencia en Galego: http://www.cienciaengalego.org
- Para visionar a videoconferencia da edición 2010-2011: http://vimeo.com/16939483
No hay comentarios:
Publicar un comentario